Publicidad

Moeche aproba a mellora de seis pistas de acceso a explotacións agrarias

FERROL360 | Domingo 6 marzo 2016 | 13:23

O Concello de Moeche aprobou os proxectos a executar con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Explotacións Agrarias do ano 2016. Estas iniciativas serán posibles grazas a partidas de 55.000 euros procedentes de fondos europeos e outros 11.000 euros do propio consistorio.

O goberno local sinala que as pistas beneficiadas foron elixidas segundo os requisitos establecidos por Agader e tendo en conta o demandado en asembleas veciñais. Serán a que comunica Pardiñas e Beleiriz, en San Xoán; a pista do Foxo, en Labacengos; a da Rega, en San Xoán; a pista da Senra, en Santa Cruz; a de Suomonte, en Santa Cruz, e a da Veiga, en Labacengos.