FERROL360 | Sábado 12 marzo 2016 | 12:24
Dentro do programa «Ler Conta Moito», da Xunta de Galicia, a Biblioteca Municipal de Mugardos acolle un conto-obradoiro este martes para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos de idade.
A partir da historia de Pepiño e Maruxa, e a súa disputa por facer pan, desenvolverase un workshop creativo onde os nenos e nenas darán vida aos personaxes do conto con masa de pan.
Para participar nesta actividade, que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30 horas, hai que inscribir aos pequenos na Biblioteca Municipal ou por teléfono no 981.470.301.