FERROL360 | Domingo 13 marzo 2016 | 17:09
A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías organiza un curso de Programación e robótica para futuros formadores do municipio desempregados e maiores de 18 anos. Os interesados en inscribirse deben entregar o formulario de solicitude, dispoñible no Rexistro do Concello e na web municipal, no Rexistro Xeral desde este este luns e a ata o día 23 deste mes.
Para asistir ao cursos será necesario superar unha proba ou entrevista, incluída no proceso de selección, para localizar os perfís que máis se axusten aos obxectivos desta acción formativa. Para obter máis información podedes contactar co Servizo Sociocomuntario ou chamar ao teléfono: 981.337.700 (extensións: 2602/1120/1107 e 1123).
A concelleira da área, Natalia Hermida, informou que «se trata da primeira convocatoria formativa pública nesta modalidade na comarca» e salientou que o Concello aposta por esta acción ao considerar que «actualmente existe un importante nicho de mercado nesta área, sendo necesario contar con formadores na materia de xeito inmediato para atender á actual e futura demanda».
As sesións, das que se beneficiarán quince persoas, teñen unha duración de 300 horas teórico prácticas, das que 75 se desenvolverán en centros educativos ou similares, a través das que os asistentes adquirirán coñecementos sobre os códigos de programación e metodoloxía pedagóxica. As clases comezarán o 4 de abril e rematarán o 23 de xuño.
Hermida incidiu na importancia desta materia, que actualmente ofrece posibles saídas laborais e, máis se cabe, tendo en conta que «tal e como se establece na Lomce trátase dunha das materias que se aposta por impartir nos colexios desde idades moi temperás», concluíu a concelleira.