FERROL360 | Xoves 17 marzo 2016 | 9:38
Pequerrechos da Escola Infantil Os Meniños de Ferrol colaboraron este mércores na plantación de árbores autóctonas no parque infantil da Malata. Mentres que cincuenta alumnos do colexio Santiago Apóstol plantaron este martes 32 árbores na praza Clara Campoamor.
En Ferrol participaron na iniciativa, que combina educación ambiental e didáctica desde as idades máis temperás, unha ducia de nenos de 2 a 3 anos. Os nenos chegaron ao parque equipados cos utensilios precisos para atender as indicacións e deixar ben plantadas máis de vinte árbores de especies autóctonas: acivros, castiñeiros e carballos.
Mentres, en Narón os alumnos de sexto curso de Primaria encargáronse de plantar cereixos de flor, pereiras, algarrobos e ciroleiras de xardín, entre outros. A actividade responde a unha campaña de sensibilización medioambiental que desde hai varios anos impulsa na localidade a Corporación Masaveu.
Os escolares, axudados polo rexedor local e por edís da corporación e representantes da empresa, plantaron as árbores e puxéronlles unha cinta co seu nome e curso, deixando así constancia do traballo realizado.