Publicidad

A obra «Foucellas», de Talía Teatro, chega este sábado ao Pazo da Cultura de Narón

FERROL360 | Xoves 17 marzo 2016 | 17:35

No ano 1952, un maquis, guerrilleiro ou home de monte, é dicir, un “foucellas”, atraca e secuestra un labrador e á súa muller.

Arredor deste suceso xira a obra teatral que chega este sábado ao Pazo da Cultura de Narón da man da compañía Talía Teatro.

Foucellas é o título dunha peza dramática, de oitenta e cinco minutos de duración, escrita e dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por Artur Trillo, Toño Casais, Dani Trillo e María Ordóñez.

Esta obra de ficción obrigará ao público a viaxar atrás no tempo facéndolle reflexionar sobre cómo administrar unha derrota.

Dará comezo a partir das 20:00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do pazo naronés a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.