Publicidad

Fene celebra o Día do Teatro cun contacontos

FERROL360 | Luns 28 marzo 2016 | 17:38

A Biblioteca municipal de Fene Xosé María Pérez Parallé conmemora este martes o Día do Teatro co contacontos teatral Riciños de ouro e os tres osos, a cargo de Trinketrinke Teatro. A actividade, dirixida a nenos de 3 a 8 anos, comezará ás 18:00 horas, e a entrada é libre ata completar o aforo.

Con esta representación, a Biblioteca abre o ciclo de actividades previstas para a primavera. Así, este venres haberá unha nova cita co espectáculo Brinca vai! de aquí a acolá, de Paco Nogueiras, para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra o 2 de abril. Actividade, dirixida a todos os públicos, comezará ás 18:00 horas e ten entrada libre, ata completar o aforo.

Todas estas actividades, organizadas pola Concellería de Cultura e Ensino, encádranse no programa «Ler conta moito» da Xunta de Galicia.