Publicidad

O Concello de Ferrol adapta os regulamentos dos Consellos Sectoriais ao de Participación Cidadá

FERROL360 | Xoves 31 marzo 2016 | 16:03

O Concello de Ferrol ven de elaborar un documento tipo para adaptar o regulamento dos distintos Consellos Sectoriais ao vixente Regulamento de Participación Cidadá. Este modelo, elaborado na área de Participación e Organización Interna, xa foi remitida a todos os xefes de servizo das distintas áreas do municipio para o seu coñecemento.

Moitos dos Consellos Sectoriais existentes creáronse con anterioridade á entrada en vigor do regulamento, motivo polo que os seus regulamentos internos de funcionamento non estaban adaptados.

Algúns dos cambios serán a a adaptación da composición deste órganos en canto á regulación do número máximo de entidades e de cidadanía a título individual que forman parte dos mesmo, icluíndo o procedemento para a súa escolla entre as entidades e a cidadanía interesada en participar.

Tamén se establecen as normas xerais de funcionamento e en caso de que se constitúa un novo Consello Sectorialé preciso que na elaboración do seu regulamento interno e na súa posterior aprobación se cumpran xa os requisitos establecidos.

O concelleiro de Participación, Álvaro Montes, sinala que é fundamental que os consellos vixentes e futuros cumpran as previsións normativas establecidas para acadar unha uniformidade nas normas de funcionamento interno destes órganos de participación cidadá polo ben común.