FERROL360 | Martes 5 abril 2016 | 12:52
A Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene inaugura este xoves (20:00 horas) unha exposición do pintor pontevedrés Miguel Melero.
Da botella ao mar é o título da mostra que recolle un completo conxunto dos traballos do artista, dende os bodegóns pasando pola serie Árbores ata as últimas e recentes obras da colección Atlántico, que reflicten o mar.
Dende 1989 ata a actualidade, Miguel Melero leva realizando numerosas exposicións tanto en España coma noutros países. O artista emprega nas súas obras papel a tinta, cores á auga e acrílicos, aínda que tamén traballa técnicas mixtas sobre lenzo como areas e materiais que dan relevo á súa obra. Emprega tamén o gravado en diferentes técnicas coma o linóleo, a punta seca ou a serigrafía.
A súa mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de abril en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.