Publicidad

O alcalde de Narón recibe á nova directiva da Asociación de Veciños de San Mateo

FERROL360 | Martes 5 abril 2016 | 13:45

Representantes da nova directiva da Asociación de Veciños de San Mateo de Narón visitaron na mañá deste martes o despacho da Alcaldía. Alí mantiveron un encontro co rexedor naronés, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde e portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, e a portavoz do PSOE, Catalina García.

O novo presidente da entidade veciñal, Miguel A. Santalla, estivo acompañado do vicepresidente, José Fernández, a tesoureira, Laura Fernández, e o secretario, José Manuel García. Durante o encontro trasladaron aos membros do equipo de goberno local as prioridades do colectivo e as posibles actuacións e actividades a desenvolver na parroquia de San Mateo.