FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 17:56
Desde este martes e ata o vindeiro 27 de abril, a Casa da Cultura de Pontedeume acolle a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014. Os interesados en visitar a mostra poden facelo en horario de 18:30 a 20:30 horas.
A gañadora da IX edición foi Alicia Candiani polo seu traballo Diana (Centro I) realizado con diversas técnicas como o aguafuerte, chinèe collé, ou o troquelado. A súa obra exhibirase xunto con outros 27 traballos seleccionados polo xurado.
A Deputación a Coruña en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, convocou en 2014 o IX Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez.