Publicidad

O poeta Juan Carballo fai unha parada en Ferrol dentro da súa xira por España

FERROL360 | Venres 6 maio 2016 | 14:04

O poeta Juan Carballo atópase de xira por distintos puntos da xeografía española e unha das paradas elixidas para representar o seu espectáculo é o local Cuerda Floja -rúa Espartero, 1- de Ferrol.

O autor de A casa do poeta, A máquina do tempo e Outlet, leva con orgullo e sen complexos a súa lingua e a poesía galega alá onde sexa posible.

Aínda que naceu en Bilbao, cando tiña dez anos instalouse coa súa familia en Becerreá e actualmente reside en Vilagarcía. Juan Carballo é un poeta que fai dos seus recitais un espectáculo que combina poesía, música e referencias teatrais.

En Só… poemas e outros asuntos ofrece un número «espido e desarmado» compartindo a súa maneira de entender a poesía construída para atraer a todos os públicos.

A entrada ao número que comeza ás 20:30 horas é gratuíta.