FERROL360 | Luns 16 maio 2016 | 18:37
Este martes centos de persoas da comarca participarán na romaría do Voto de Chanteiro, en torno á ermida da Mercé. Os Concellos de Ares e Mugardos colaboran un ano máis nesta cita, a través das súas respectivas áreas de Cultura, fletando autobuses que sairán dos dous municipios.
No caso de Ares, os autocares sairán ás 10:30 horas da praza do Pedregal e pararán en Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro. A misa comenzará ás 12:00 horas e, unha vez rematado o oficio relixioso, a Banda de Gaitas Ría de Ares porá música á festa mentres se procede ao reparto de empanadas e bebidas entre os asistentes.
Os autobuses realizarán ás 13:30 horas a primeira viaxe de regreso, facendo o percorrido Chanteiro, Ares e Mugardos, mentres que a derradeira será ás sete da tarde, co mesmo itinerario. A Banda de Gaitas Ría de Ares actuará de novo polo tarde, en torno ás 17:00 horas.