
FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 10:47
As concelleiras do PP en Ferrol Rosa Martínez Beceiro e Fernanda Losada mantiveron unha xuntanza coa organización Mans Unidas para escoitar as súas demandas e remitilas ao goberno local. Nun comunicado, Martínez Beceiro indicou que no anterior mandato, co PP dirixindo o Concello, iniciouse a colaboración por convenio nominativo coa entidade.
Unha «aportación simbólica de mil euros», que dirixíanse a campañas de sensibilización e concienciación na cidade. Porén, a formación conservadora cre que a situación actual «dista moito da anterior porque a día de hoxe non teñen coñecemento algún de se asinarán ou non un convenio e a canto ascenderá a contía deste ano».
Os populares instan ao alcalde a que o consistorio manteña «o convenio que durante o anterior mandato tivo Mans Unidas para que poida seguir loitando contra a desnutrición e a desigualdade».