FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 10:48
O Concello de Cedeira contrata á empresa Kaizen Management para asumir o mantemento dos parques infantís e ofrecer a máxima seguridade aos usuarios das instalacións do parque Sagrado Corazón, a praza do Floreal e o paseo marítimo. O alcalde, Pablo Moreda, sinalou que o consistorio carece de persoal suficiente.
Os traballadores terían que asumir as revisións periódicas e profesionais das infraestruturas, que agora levará a cabo a citada compañía. As melloras xa comezaron con traballos de pintura e limpeza, destacou a Administración cedeiresa. Kaizen Management tamén afrontará a revisión de xogos, limpeza de equipos, repintado de partes metálicas ou limpeza de herbas.