Publicidad

O Cádiz adestrará a porta pechada durante toda a semana para preparar a cita co Racing

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 13:23

As billeteiras do estadio Ramón de Carranza venden dende a mañá deste martes as entradas para o partido que enfrontará o vindeiro sábado na cidade andaluza ao Cádiz e ao Racing de Ferrol (21:00 horas). Pendentes da confirmación por parte de Canal Sur da emisión en directo da cita, os seareiros xa retiran os primeiros pases.

Segundo a planificación divulgada polo clube ao mediodía desta mesma xornada, todos os seus adestramentos desta semana serán a porta pechada na súa cidade deportiva. Traballarán de mércores a venres, con inicio ás 10:30 horas en todos os casos. Pola súa banda, o Racing regresará á Malata na mañá deste mércores.