Publicidad

O programa de difusión científica mariña ‘Mergúllate no Océano’ chega esta fin de semana a Cedeira

FERROL360 | Martes 26 xullo 2016 | 11:07

A praia da Madalena, en Cedeira, acollerá este sábado e domingo os obradoiros do programa de difusión científica mariña ‘Mergúllate no Océano’. Esta actividade está dirixida por profesionais con titulación superior universitaria e dilatada experiencia na transmisión de coñecementos a través de accións de divulgación da ciencia, contratados para tal fin tras superar un proceso selectivo.

Esta iniciativa da Universidade de Vigo busca que a través de experimentos sinxelos, simulacións e xogos os participantes descubran curiosidades sobre os mares e océanos, obteñan coñecementos específicos sobre as investigacións que se realizan no Campus do Mar e aprendan a levar un estilo de vida más sostible co medio mariño.

O programa tamén consta dunha mostra duns 200 metros cadrados que estará aberta ao público ininterrompidamente entre as 11:00 e as 20:30 horas. ‘Mergúllate no Océano’ percorre todos os veráns as praias galegas para achegar as ciencias e tecnoloxías mariñas a todas as persoas interesadas.