Publicidad

A galería da Casa do Concello de San Sadurniño acolle unha exposición de Manuel Bañobre

FERROL360 | Mércores 3 agosto 2016 | 17:54

Ata finais do mes de agosto, Manuel Bañobre expón na galería do Concello de San Sadurniño un catálogo de paxaros tallados en madeira que, máis que un mostrario zoolóxico, son unha fantástica colección de arte.

Petos, curuxas, buxatos, mouchos, paporroibos, falcóns, lavercas e outras especies compoñen un amplo catálogo con preto de 60 pezas ás que lles deu forma con paciencia e distintas madeiras, policromadas despois con moito mimo procurando reproducir ata o máis mínimo detalle.

Son paxaros pousados en pólas ou que xorden directamente de grandes tocóns onde a propia natureza xa suxire formas animais que o artista só pule e pinta para facelas agromar.