FERROL360 | Sábado 20 agosto 2016 | 12:29
A praza Roxa de Cedeira acollerá este domingo a III edición da feira de antigüidades, alimentación, artesanía, produtos novos e de segunda man. A feira terá lugar en horario de 10:00 a 20:00 horas e contará cuns 70 ou 80 postos vidos de diferentes puntos de Galicia.
Ademais, durante todo o dia haberá unha tómbola na que os visitantes poderán xogar gratis con cada compra que realicen nos postos da feira. O evento conta coa colaboración do Concello de Cedeira e da Asociación de comerciantes e hostaleiros do Casco Vello.
