FERROL360 | Xoves 15 setembro 2016 | 14:44
O Concello de Fene traballa na licitación de un total de cinco obras a desenvolver en diferentes puntos do municipio por un importe total de 567.840,50 euros. As obras, que sairán proximamente a concurso, son de pavimentación, renovación de servizos e mellora de firme, segundo indican desde o goberno local.
As actuacións contemplan pavimentacións varias nas parroquias de Barallobre e Maniños, así como obras de alumeado público na contorna da pista polideportiva de Magalofes cun orzamento de 42.226,52 euros.
Tamén se procederá á pavimentación da estrada de Laraxe dende Areosa -Limodre-, que conta cun orzamento 30.035,07 euros, e á mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián -Sillobre-, que ten un prezo de licitación de 59.986,86 euros.
Asimesmo, se pavimentará o Camiño do Catalán, en Maniños, por un importe de 80.451,79 euros e se renovarán os servizos e pavimentos na Avenida das Pías, na fase 1 -marxe dereita- por un totla de 355.140,26 euros.