FERROL360 | Luns 3 outubro 2016 | 13:04
A oceanógrafa ferrolán, Ángeles Alvariño, protagoniza o primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas promovida polo colectivo Polo Correo do Vento. Trátase dunha publicación infantil cunha pequena biografía da científica.
Baixo o título «Un Ronsel de Ardora, Pequena biografía de Ángeles Alvariño», os peques da casa poderán coñecer a figura da oceanógrafa ferrolá. Por certo, que este luns 3 de outubro cúmprese o centenario do nacemento de Alvariño.
Polo Correo do Vento busca a través desta colección, editada por LELA Edicións, poñer en valor e dar a coñecer o traballo e vida de mulleres galegas de diversos ámbitos e épocas. Sempre dun xeito desenfadado e con finalidade didáctica.
A entidade sinala que estamos ante unha colección «importante e necesaria para os nenos e nenas de hoxe»