Publicidad

A asociación Bbtta celebra a Semana Mundial da Lactancia Materna

FERROL360 | Venres 9 outubro 2015 | 14:20

Actividades para os máis pequenos, charlas informativas, música, chocolatada e obradoiros, son algunha das actividades que a Asociación Bbtta Narón ten programadas para celebrar a Semana Mundial da Lactancia Materna.

Os actos arrancan este venres coa instalación dunha mesa informativa no Centro Comercial Dolce Vita Odeón, onde tamén haberá actividades de entretemento para os peques a partir das 17.00 horas. Para este sábado está programada a celebración da Festa da Teta, desde as 17.00 horas, na praza de Galicia cunha charla sobre os «Dereitos Laborais das nais» no auditorio municipal de Narón.

A continuación, ás 18.30 horas, terá lugar o espectáculo O quebranoces, a cargo da Asociación Musical Municreques e dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Tamén no auditorio municipal de Narón. A programación complétase con música en directo, chocolatada, obradoiros de pintacaras e globoflexia. Todas de balde.