FERROL360 | Domingo 18 outubro 2015 | 16:44
O Ateneo Ferrolán acollerá este luns a presentación do libro Indecencias e corruptelas de Manuel Monge. A cita será a partires das 19:30 horas no salón de actos da entidade.
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre, sociólogo e ensaísta galego. Tamén foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico e colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa; A Coruña de Paco Vázquez; Outra Coruña é posíbel e A historia secuestrada polo franquismo, entre outros.
«Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita».
Estas son algunas das ideas que se recollen na última obra de Monge, unha obra que el mesmo cualifica como «de combate», unha contribución a ese rearme ideolóxico e político.
Tamén considera que se trata dunha «ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica» porque «non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas», afirma o autor.
Algunhas reflexións que inspiran a mensaxe de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que o autor quere transmitir con este libro son:
«Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes» (José Luis Sampedro).
«Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan» (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). «O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social» (Thomas Piketty, economista francés).
«Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata» (Papa Francisco).