FERROL360 | Xoves 5 novembro 2015 | 11:39
O sentir das miradas é a nova mostra do pintor pintor lucense, afincado en Valdoviño, Manuel Carballeira Rivas, que se pode visitar no Pazo da Cultura de Narón.
A exposición está composta por máis dunha vintena de obras figurativas nas que se reflexan diferentes lugares de Narón e comarca, así como escenas propias da vida cotiá.
Carballeira Rivas conta cunha dilatada traxectoria profesional e varios premios no seu haber, entre eles o primeiro do Concurso de Pintura «Cidade de Narón» deste ano.
A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de novembro, no hall do Pazo, en horario de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.