Publicidad

Os alumnos do CEIP Isaac Peral constrúen un reloxo solar

FERROL360 | Mércores 11 novembro 2015 | 19:03

Os alumnos do CEIP Isaac Peral participaron na construción dun reloxo solar coa axuda e indicacións de Paulino Gasalla, da Sociedade Galega de HIstoria Natural. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Educación de Ferrol na que se anima a participar aos centros da cidade.

Así, o Isaac Peral é o primeiro dos centros educativos de Ferrol que conta con esta ferramenta educativa. Os rapaces aprenden a construír un reloxo solar ao tempo que coñecen o noso sistema solar.

Por outra banda, os alumnos do IES de Canido participaron na noite deste martes no programa Coñecendo o Universo. Trátase dunha actividade programada pola Concellería de Educación e que tamén conta coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural.

Durante a sesión, os cativos aprenderon algúns nocións de iniciación á Astronomía. A clase levouse a cabo na aula Reciclaterra de Mougá.