FERROL360 | Xoves 12 novembro 2015 | 16:10
As bandas da comarca de Ferrolterra, Pölisong e Sandford Music Factory, son finalistas no VII concurso de Rock da Deputación da Coruña. Competirán contra os grupos Biribirlocke, Strikebak e True Moutains para levarse o galardón.
Este venres as bandas participarán no festival no que se decidirá a gañadora. Será ás 20:00 horas na Sala Túnel do Coliseum da Coruña. No festival tamén participarán Familia Caamagno, gañadores da edición de 2013, e O´Funk´illo, como grupos convidados.
A este concerto pódese asistir de balde con convite até completar o aforamento. Para solicitar invitación podedes facelo no enderezo electrónico: encopra@mundo-r.com.
O xurado estará composto por Fernando Sampedro, Fernando Molezún e Nonito Pereira, comisariado por Francisco Gómez Seijo “Gandy” e presidido, sen voto, polo deputado da área de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico, Xosé Regueira.
Despois das actuacións das bandas darse a coñecer o nome da gañadora, que recibirá 3.000 euros, mentres que a segunda clasificada e terceira obterán 1.500 euros e 1.000 a cuarta e quinta.