FERROL360 | Venres 13 novembro 2015 | 10:13
O salón de Plenos do Concello de Neda acollerá este venres, ás 20:00 horas, unha xuntanza entre o goberno e os empresarios e autónomos do municipio para informar sobre o Rexistro Municipal de Contratistas.
O goberno local quere que este Rexistro sirva para fomentar a igualdade de oportunidades, de xeito que os emprendedores poidan participar en concursos públicos de obras e servizos que se xestionan desde o Concello.
A xuntanza tamén ten como obxectivo afondar no contacto cos empresarios e recoller as súas suxestións e inquedanzas. O alcalde de Neda Ángel Alvariño fai un chamamento á asistencia «porque queremos escoitar ós nosos empresarios e autónomos e traballar conxuntamente con eles».