Publicidad

Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado de Segunda Man de Sedes

FERROL360 | Martes 17 novembro 2015 | 18:00

As persoas interesadas en instalar un posto de venta no VII Mercado de Segunda Man de Sedes poden inscribirse no Rexistro do Concello de Narón, de balde.

A feira se celebrará no recinto feiral do Trece, en Sedes, o 13 de decembro. A iniciativa diríxese a particulares e estará limitada a un total de 120 postos. O prazo para anotarse rematará o 5 de decembro.

Os participantes deben ser maiores de idade e non poderán vender animais, produtos alimenticios, bebidas nin artesanía, según se recolle nas bases da convocatoria.

Desde o Concello facilitaráselles unha mesa e unha cadeira a cada responsable dos postos para o espazo que lles sexa asignado dentro do recinto feiral.

Así mesmo, os titulares dos mesmos terán que comprometerse a entregar como mínimo un quilo de alimentos ou produtos de limpeza que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.