Publicidad

As Bibliotecas de Ferrol pecharán unha semana para implantar un novo sistema informático

FERROL360 | Luns 23 novembro 2015 | 18:44

As tres Bibliotecas Municipais de Ferrol contarán cun novo programa informático para a xestión dos préstamos. Trátase dun sistema máis potente, que permite unha xestión integral dos préstamos, e que facilita aos usuarios acceder dunha forma sinxela e simplificada ao catálogo de recursos da Biblioteca.

O sistema integra a posibilidade de abrir ferramentas e canles de participación social, arquitecturas escalables e ademais ten unha maior tolerancia ás consultas erróneas. Está pensando e adaptado especificamente para las necesidades concretas das Bibliotecas.

Así, e durante o proceso de implantación, as Bibliotecas da praza de España, Caranza e Ultrama pecharán as súas portas. Será do xoves 26 de decembro ao 2 de decembro, ambos inclusive.

Os materiais que estean en préstamo e teñan que ser devoltos nesas datas, poden devolvelos o primeiro día da reapertura, o xoves día 3 de decembro. O servizo de préstamo interbibliotecario -entre as bibliotecas públicas galegas en rede- queda suspendido desde este luns 23 de novembro.