FERROL360 | Venres 11 decembro 2015 | 18:45
O vello Apalpador, tamén chamado nalgunhas zonas Apalpabarrigas ou Pandegueiro, é unha figura lendaria galega que achega agasallos aos nenos durante o Nadal. Amósase coma un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barrigas dos pequenos.
Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba pero deixáballes tamén as castañas. En vísperas do comezo do Nadal, a Concellería de Cultura e Ensino de Fene promove un percorrido do Apalpador polos centros escolares do municipio.
A actividade, que comezou esta semana en Centieiras e A Xunqueira, continuará nos próximos días nos colexios Os Casais (14 de decembro), Ceip Sillobre (15 de decembro), Jorge Juan (16 de decembro) e Ceip O Ramo (17 de decembro).
Coñecendo ao Apalpador é unha sesión de contacontos na que a través de Antón, os nenos feneses descubren esta figura galega. Ao final da sesión o propio Apalpador visita aos pequenos, repartindo caramelos, namentres soa música e cantigas tradicionais do Nadal.