Publicidad

Comezan as rutas turísticas pola ría de Ares a bordo de Aula do Mar a Flote

FERROL360 | Jueves 2 julio 2015 | 17:26

Un paseo en barco pola ría de Ares visitando as construcións rocosas da costa aresana, coñecidas como As Mirandas, e o porto de Redes, é un plan estupendo para este verán. O Concello de Ares pon en marcha, por segundo ano, esta iniciativa que terá lugar durante as fines de semana.

Estas rutas turísticas teñen unha hora de duración e un tope máximo de 12 persoas en cada viaxe. O precio por persoa é de catro euros para menores de 12 anos, e sete euros a partir desta idade. As viaxes realizaranse os sábados e domingos de xullo e agosto, ás 12:00 e ás 18:00 horas.

Os interesados en participar nesta iniciativa poderán apuntarse nas dependencias da Alianza Aresana ou ben chamando ao teléfono: 981.468.057.