Publicidad

Mulleres desempregadas fórmanse nun curso de atención a persoas dependentes en Cerdido

FERROL360 | Martes 7 xullo 2015 | 18:00

Esta semana arrancou o segundo curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en Cerdido. Unha actividade na que participan 18 mulleres desempregadas dos concellos de Cerdido, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Moeche, Mañón e As Somozas e que conta cun total de 370 horas de duración, divididas en 150 horas de prácticas en dez centros de atención a dependentes, e 220 horas teóricoas.

Así, aprenderán aspectos relacionados coa atención hixiénico-sanitaria ou a colaboración na elaboración de plans de coidados ao apoio psicosocial dos usuarios dos centros de dependencia, capacitando profesionalmente ás alumnas para desenvolver labores de axuda e atención nestas institucións.

No acto inaugural do curso, o alcalde de Cerdido Benigno Galego destacou a oportunidade das asistentes «de recibir unha formación profesional nun sector con ampla demanda laboral, que vai mellorar as súas oportunidades de acceder a un emprego».