Publicidad

O Concello de Narón acollerá dúas reunións da Comisión das obras de saneamento da ría

FERROL360 | Viernes 10 julio 2015 | 16:55

O Concello de Narón acollerá o vindeiro martes, día 14, dúas reunións das comisións de seguemento das obras dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol.

A directora territorial do organismo estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), Isabel Pérez-Espinosa, comunicou ao alcalde, José Manuel Blanco, a data das convocatorias.

A primeira delas será ás 19.00 horas con persoal de Acuaes, de Augas de Galicia e co rexedor local naronés, e na mesma abordarase a actuación do tramo O Cadaval-Neda. Media hora máis tarde comezará a seguinte, de cuxa comisión forma parte tamén o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e na que se analizará o estado dos traballos en execución no resto dos tramos das obras dos interceptores xerais e se informará sobre a contratación do correspondente ao Río Inxerto.

O pasado 28 de maio o Consello de Administración de Acuaes aprobou a proposta de adxudicación á empresa Gevora Construcciones SA. do contrato que permitirá executar as obras de saneamento correspondentes ao tramo do Río Inxerto, valoradas en 3.632.587,02 euros e cun prazo para a súa finalización de dez meses.

Así mesmo, o mencionado organismo fixo o propio co contrato do tramo O Cadaval-Neda, que se adxudicou á firma Sociedad General de Obras SA. por un importe de 6.323.600 euros e cun período de execución de seis meses. As actuacións en marcha e pendentes de executar referentes ao saneamento integral da ría de Ferrol dependen do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Publicidad
campamentos