FERROL360 | Martes 14 xullo 2015 | 10:03
La exposición La Figura, da pintora holandesa afincada en Ferrol Hedi Ploegstra, está composta por acuarelas, óleos e acrílicos, así coma paisaxes, retratos e trazos grosos e sempre precisos cun grande abano cromático.
A mostra pode visitarse ata o día 8 de agosto na galería da Casa do Concello de San Sadurniño. Trátase dunha variada colección de cadros nos que mostra a súa arte como reflexo da súa propia evolución persoal.
Hedi Ploegstra achégase á galería do Concello logo de case unha vintena de exposicións dentro e fóra de Galicia. La Figura poderá visitarse en horario de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas e os sábados de 9:30 a 13:30 horas.
