Publicidad

Ares celebra este sábado a XX Travesía a Nado “Ría de Ares”

FERROL360 | Martes 14 xullo 2015 | 16:18

A zona de praia anexa á Rampa Grande será o punto de saída da XX Travesía a Nado “Ría de Ares”, que se celebrará este sábado. Unha actividade destinada a toda a familia que comezará a partires das 17.00 horas e que contemplar dúas modalidades, a masculina e a feminina, divididas en distintas categorías establecidas en función das idades dos participantes a das distancias a cubrir.

Así, a categoría A, para nados no ano 1985 e anteriores, cunha distancia de 1000 metros; categoría B, para nados de 1986 a 1996, de 1000 metros de distancia; categoría C, para os anos 1997 ao 2001, tamén de 1000 metros; e a categoría D, para os anos en 2002 e posteriores, de 400 metros; así como unha categoría popular que inclúe toda as idades de 100 metros de distancia.

Unha vez rematado o torneo, os gañadores absolutos de cada categoría recibirán un trofeo, ademais se entregarán medallas aos tres primeiros clasificados en cada unha e haberá unha mención especial ao nadador máis xove e ao máis veterano.

Cabe lembrar que para poder participar neste torneo hai que apuntarse previamente, polo que as persoas interesadas en tomar parte nesta actividade e que ainda non o fixeron poderán apuntarse ata o venres na Alianza Aresana, de 9:00 a 14:00 horas, ou ben de 16:00 a 17:00 horas o mesmo día da proba na zona de saída.

Publicidad

campamentos