Publicidad

Ares prepárase para acoller unha nova edición do Chiquibasquet e da Milla Urbana

FERROL360 | Xoves 16 xullo 2015 | 11:38

O Concello de Ares quenta motores para celebrar dúas das citas deportivas máis importantes da vila, que terán lugar no mes de agosto. O Campus de Baloncesto Chiquibasquet Verán 2015 desenvolverase do 3 ao 8 de agosto no Pavillón Deportivo Municipal e a Milla Urbana celebrarase o día 1 de agosto. Os interesados en participar en ambas actividades xa se poden realizar a inscrición.

Así, este venres, ás 12:00 horas, preséntase no Consistorio una VII edición do Campus de Baloncesto Chiquibasquet Verán 2015. Esta iniciativa, que terá un horario de 10:00 a 13:00 horas, está destinada a rapaces de 5 a 18 anos de idade.

As inscricións pódense facer no pavillón deportivo entre as 09:00 e as 14:00 horas, de luns a venres. O prazo para apuntarse remata o día 30 de xullo ás 13.00 horas.O custe do Campus é de 35 euros e a segunda inscrición familiar será de 30 euros.

Mentres, a XXIV Milla Urbana terá lugar o vindeiro día 1 de agosto ás 11:00 horas, con saída do paseo marítimo, á altura da Praza da Igrexa. Haberá distintas distancias, que van desde os 50 aos 1.609 metros, segundo as categorías e idades dos participantes.

As persoas interesadas en participar deben apuntarse aquí antes do mércores 29 de xullo ás 23:59 horas. Dende a organización lémbrase que non se admitirán incricións o mesmo día da proba e que a participación está aberta a todos os públicos, a partires dos 3 anos de idade.

Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, nas dúas modalidades de masculina e feminima. A partires da benxamín haberá pódium da proba e ata a prebenxamín todos os participantes recibirán unha medalla.

Publicidad

campamentos