FERROL360 | Venres 23 xullo 2015 | 14:38
O Parque Rosalía de Castro de Ares acollerá este sábado a VII edición da Festa da Xiba. Un evento gastronómico, que se ten convertido nun referente do verán na comarca, e que arrancará ás 13:30 horas con centos de racións a repartir entre os asistentes.
O prezo será de nove euros cada ración e inclúe xiba guisada con guarnición, nunha cunca de barro conmemorativa da festa, bebida (viño, auga ou refrescos) e pan. Centenares de veciños e turistas acuden a esta iniciativa ano tras ano.
Desde o Concello confían en superar as excelentes cifras de participación de anos anteriores.