FERROL360 | Martes 4 agosto 2015 | 10:25
A parroquia das Neves en A Capela vístese de festa dende este martes ate o xoves, para homenaxear á súa patrona, a Virxe das Neves, con música das orquestras y actividades para os cativos.
Esta noite de martes comezará a verbena con Disco Móvil e a orquestra Galicia no campo da igrexa, no que haberá, ademais, atraccións de feira para todos os públicos.
O mércores tócalle a quenda á orquestra Nueva Generación na sesión vermú, repetindo á noite xunto coa orquestra Aché.
O xoves, o derradeiro día de festa, tanto na sesión vermú coma na verbena tocarán as orquestras Filadelfia e Versalles.
Haberá tamén xogos populares para maiores e pequenos coma a chave, o brilé ou carreiras de sacos, entre outros, dende as cinco da tarde.