Publicidad

O Centro Comunitario «Manuela Pérez Sequeiros» acollerá unha Festa Infantil este sábado

FERROL360 | Venres 25 setembro 2015 | 16:48

Obradoiros abertos, sesión disco e candy bar, son as actividades pensadas para os peques da casa na celebración da festa infantil que organiza o Concello de Narón para este sábado. A cita será no Centro Comunitario «Manuela Pérez Sequeiros» a partires das 17:00 horas e a entrada é de balde para os nenos e as súas familias.

O programa comezará cunha sesión de ioga para bebés de 0 a 2 anos, que terán que estar acompañados, e cun obradoiro de cociña creativa que terá unha duración dunha hora. Entre as 17:45 e as 18:15 horas será a segunda sesión de ioga, neste caso para nenos e nenas de 2 e 3 anos.

De 18:30 a 19:00 a actividade estará dirixida a menores con máis de catro anos e a esa hora comezará tamén a sesión de bailes de animación. Por último, de 19:30 a 21:00 horas, haberá unha sesión discoteca con candy bar.