Publicidad

Aberta a convocatoria de axudas ao estudo e transporte en Moeche

FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:51

O Concello de Moeche xa puxo en marcha a convocatoria de axudas en materia de educación para este curso 2015-2016. Así, establécense dúas liñas de axuda, unha para formación e outra para transporte, esta última só para alumnado de ensino non obrigatorio.

Están dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria que curse os estudos no colexio público do Concello de Moeche, CEIP San Ramón, ou curse estudos de ESO, bacharelato, formación profesional, estudos universitarios, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño en calquera centro público.

Tamén se poderá solicitar a axuda para asistencia a un centro de educación especial, aínda que non estea localizado en Moeche.

Desde o Concello indican que se destinan un total de 12.000 euros para estas axudas e as cantidades concedidas variarán segundo a renda da unidade familiar. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das bases no BOP da Coruña.