Publicidad

Cine e ópera son as propostas culturais de Cedeira para estes días de Semana Santa

FERROL360 | Mércores 1 abril 2015 | 17:31

O Concello de Cedeira organiza diferentes actividades culturais para pequenos e maiores para estes días de vacacións de Semana Santa. Así, haberá proxeccións cinematográficas e unha representació de ópera con prezos moi asequibles.

Este xoves e venres o Auditorio Municipal acollerá os pases do filme infantil Los Cinco: El misterio de la Joya escondida, ás 18:30 horas, e Samba, ás 20:30 horas, unha película actualmente na carteleira de moitas salas comerciais. En ambos casos, co prezo habitual das entradas a 2,5 euros.

Los Cinco: El misterio de la Joya escondida narra as aventuras dos Cinco: George, Julian, Dick, Anne e o seu can Tim. Todos eles emprenden a súa primeira acampada en bicicleta pero cunha novidade, por primeira vez «sos, sen os pais».

Cando deciden establecer o campamento atópanse cun rapaz chamado Hardy, do que tratarán de desfacerse, pero entón, un dos Cinco é secuestrado. A partir de ahí, tentarán averiguar o seu paradoiro.

Pola súa banda, Samba é unha comedia dramática francesa que fala de amizade e inmigración. Aborda a historia de Samba, un cidadán senegalés que decide labrarse un futuro en Francia e que, para iso, asume varios empregos humildes, e de Alice, unha executiva que pasa por unha mala racha. Ambos tentan saír adiante e, ao final, o destino quere que os seus camiños se crucen.

La Traviata

O domingo o Auditorio acollerá ás 19:00 horas a ópera La Traviata, interpretada pola compañía Camerata Lírica de España. Trátase da ópera máis representada nos últimos cen anos nos principais teatros do mundo. A gran popularidade desta obra motivou a Camerata Lírica á hora de realizar unha adaptación que poida programarse para todo tipo de público nas diferentes Redes e Circuítos escénicos do país.

O resultado é unha completa adaptación escenificada en case toda a súa extensión con acompañamento de piano, áxil, moi amena e comprensible que mantén as formas máis ortodoxas da ópera, tanto musicais, coma escénicas (attrezzo e vestidos de época), realizado e executado por cantantes de nivel internacional, que entusiasmará ao público neófito e non defraudará o afeccionado.

As entradas teñen un prezo de cinco euros.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Parque Ferrol