FERROL360 | Jueves 2 abril 2015 | 18:59
A Deputación da Coruña colaborará co Concello da Capela para modificar o punto de vertido da depuradora de Gunxel. Así, realizarán traballos de roza, limpeza de cunetas e explanación e rasanteo.
A Deputación achegará para este fin 40.333 euros, o que supón o 80 % do orzamento total, 50.416 euros. Esta infraestrutura de depuración de augas residuais atópase a escasos quilómetros de As Neves e foi obxecto dunha recente actuación de mellora.
O vertido de auga actualmente realízase mediante a execución dun pozo de infiltración e gabias drenantes situadas augas abaixo. Este proxecto, en cambio, contempla a instalación dun colector de 132 metros, ata o novo punto de vertido.

