FERROL360 | Venres 17 abril 2015 | 18:45
O vindeiro 1 de maio Ferrol comememorará o Día Internacional da Danza con diferentes actividades que que se desenvolverán na praza de Amboaxe, en horario de mañá e tarde. Arredor de 300 alumnos de sete escolas de danza de Ferrol será os protagonistas deste evento conmemorativo.
As actividades comezarán ás 11:30 horas co ensaio xeral, e xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, terá lugar o quecemento para bailaríns. Posteriormente, se realizarán as actuacións das diferentes escolas, que arrancarán en torno ás 18:30 horas. O alumnado realizará danza clásica, moderna, contemporánea, hip hop, dance, danza oriental, jazz así como fusión de varios estilos.
Durante as actividades programadas, tamén haberá fotógrafos que retratarán o encontro conmemorativo do Día Internacional da Danza. Estas instantáneas serán recollidas nunha exposición fotografías no Centro Cultural Torrente Ballester.
Encontro Vocal Cidade de Ferrol
O Teatro Jofre acolle o domingo 26 de abril o Encontro Vocal Cidade de Ferrol,unha mostra musical de coros galegos. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e as entradas, de carácter gratuíto, se poderán recoller a partir do martes 21 no despacho do teatro municipal.
Este concerto conxunto contará con agrupacións corais de toda Galicia. Máis concretamente, participarán o grupo vocal Solo Voces de Lugo, Capela Madrigalista de Ourense, o obradoiro vocal A Vila de Pontevedra, e como antifrión a agrupación de Ferrol Concerto Tempo.