FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 12:03
O local social de Naraío acolleu o sábado a presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de San Sadurniño, liderada polo actual alcalde do municipio Secundino García. Unha candidatura de 21 mulleres e homes comprometidos co territorio a través de políticas coas que se quere seguir transformando a sociedade desde o municipalismo, asegurou García.
O acto foi presentado pola actriz Isabel Risco e segundo o BNG non foi un mitin ou unha cita forma, senón un encontro aberto a toda a veciñanza no que se deron a coñecer as caras novas da candidatura.
