Publicidad

Neda celebra as 13 Xornadas Literarias baixo o título: «Monstros en papel. O terror na literatura»

FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 12:13

Achégase o Día do Libro e o Concello de Neda celebra as 13 Xornadas literarias cunha serie de conferencias os días 22, 23 e 14 de abril baixo o título: «Monstros en papel. O terror na literatura». Frankestein, Drácula ou o terror sobrenatural na literatura son algunhas das temáticas a tratar nestas xornadas.

O acto inaugural terá lugar o mércores 22 de abril ás 20:00 horas na Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro e contará coas intervencións do Decano da Facultade e máis do alcalde de Neda. A primeira conferencia correrá a cargo de Teresa López-Pellisa, da Universidade Autónoma de Barcelona, e versará sobre «Monstruos posthumanos, trasgénicos y biotecnológicos, I».

Ao día seguinte, xoves 23 de abril, as xornadas retomaranse ás 19:00 horas na Casa das Palmeiras de Neda de novo con Teresa López-Pellisa, que falará sobre «Monstruos posthumanos, trasgénicos y biotecnológicos, II».

A continuación, José Manuel Sande, do Centro Galego das Artes da Imaxe, impartirá unha charla sobre «Fantástico e terror: travesía polas interseccións narrativas cine-literatura». Unha homenaxe a George A. Romero.

Por último, o venres 24 de abril ás 19:00 horas a Casa das Palmeiras acollerá unha conferencia do alumnado e integrantes do Club de Lectura «Pantasma de papel» do IES de Neda Fernando Esquío, que falarán sobre «Os nosos monstros: Frankestein».

Collerá o relevo David Cortizo Conde, responsable da editorial Urco, para facer unha mostra bibliográfica da editorial baixo o título: «O terror sobrenatural na literatura». A continuación, David Clark, da Universidade de A Coruña, intervirá sobre «A literatura gótica irlandesa: antes e despois de Drácula».

Pecha as xornadas unha mostra de curtas de terror, a cargo de CortoEspaña.

Xornadas literarias neda

Publicidad

Banner Odeon