FERROL360 | Mércores 17 xuño 2015 | 14:19
A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene acolle estes días a exposición de debuxo e pintura «Tiempo y otros pedazos» do ferrolán David Durán. A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 7 de xullo.
O horario para poder vistar a exposición esta semana é de 10.00 a 13.00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A partir do vindeiro luns, o horario da sala de exposicións será, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Durán retomou o labor artístico de xeito autodidacta no ano 2009, logo dunha pausa. Asistiu ás clases que imparte Antonio Fernández no Centro Cultural Carvalho Calero e toma contacto coa pintura ao óleo. A partires desde momento, o artista asegura que «decátome de que xa non hai volta atrás e, dende aquela ata agora, adico todo o tempo que poido á arte, cada vez con máis gañas».
Esta exposición, di, está composta de «certos anacos de min que fun deixando no devir deste camiño chamado aprendizaxe. Ao amosalos ao público, libérome da súa privacidade e establezo, tras deles, un novo camiño onde volver a comezar e onde seguir, con máis gañas aínda, aprendendo».
