FERROL360 | Luns 22 xuño 2015 | 17:28
O voceiro do BNG de Ares, Emilio Mesías, denuncia que na publicación das listaxes de contración de persoal para a prevención e defensa contra os incendios forestais non se inclúen as puntuacións acadadas pola totalidade dos aspirantes, polo que asegura que «estamos ante un novo caso de falta de transparencia e de procesos viciados».
Nun comunicado de prensa, o BNG sinala que non é a primeira vez que denuncian públicamente irregularidades nos procesos de contratación de persoal no Concello e lembra que o pasado ano a administración local tivo que indemnizar a un aspirante que reclamou a súa praza ao non ter sido contratado como lexítimamente lle correspondía.
Ante esta situación, Mesías afirma que «o único que reclamamos é que se fagan as cousas ben e de maneira transparente» porque o caso contrario «só nos leva a pensar que hai unha intencionalidade clara de querer que os resultados saían nunha dirección concreta».