Publicidad

Valdoviño publica a listaxe de admitidos e excluídos na oposición para a limpeza de praias

FERROL360 | Luns 29 xuño 2015 | 17:28

O Concello de Valdoviño vén de publicar a listaxe das persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a limpeza de praias durante a campaña de 2015. Os aspirantes admitidos deberán presentarse este mércores no CPI de Atios, ás 10:00 horas, para comezar a primeira fase do proceso.

Grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, o Concello de Valdoviño poderá contratar un total de 18 persoas durante tres meses, a tempo parcial, para levar a cabo tarefas de limpeza nos areais do municipio durante este verán.

Publicidad

Banner Error Ferrol