Publicidad

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública denuncia o uso de autoinxectores antigos para os enfermos de ELA

FERROL360 | Venres 9 xaneiro 2015 | 18:49

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra denuncia que o SERGAS administra a medicación dos enfermos de ELA, esclerose lateral amiotrófica, con autoinxectores antigos que os retrae aos usados hai oito anos.

A Plataforma recolle as criticas dos propios enfermos, que indican que soportaban mellor o seu tratamento cos autoinxectores modernos, xa que os antigos provócanlles marcas e feridas. Segundo a entidade, tamén os profesionais especialistas médicos manifestan o seu malestar e desconformidade con este cambio.

Para entender un pouco mellor a situación, os especialistas fan unha comparación cos enfermos de diabetes que se autoinxectan a insulina cos seus inxectores, máis asépticos, cómodos e sen padecer marcas ou dolores innecesarios.

Desde a Plataforma aseguran que na nosa comarca hai uns vinte enfermos de ELA en diferentes graos. Para garantizarlles unha mellor calidade de vida esixen a inmediata rectificación da conselleira de Sanidade e o retorno ao anterior sistema de administración con autoinxectores máis eficaces e modernos.