FERROL360 | Luns 12 xaneiro 2015 | 12:30
O movemento asociativo de Neda e o Concello recadaron dúas toneladas de productos alimenticios non perecedoiros para as familias con escasos recursos do municipio. Desde o goberno local aseguran que esta cifra supera as mellores previsións e pon o broche de ouro á campaña solidaria de recollida de alimentos iniciada no mes de decembro.
Con eses 2.000 kilos de alimentos e outros procedentes de Cruz Vermella, o Concello foi quen de elaborar as cestas que cada ano entrega ás familias con escasos recursos inscritas nos Servizos Sociais. A concelleira delegada da área, Leonor Canosa, quixo destacar públicamente a extraordinaria solidariedade de toda a veciñanza e agradecer a magnífica colaboración do movemento asociativo.
As entidades e asociacións colaboradoras foron: Asociación de Amas de Casa, AVV Anca, A VV de Viladonelle, A VV do Roxal, CCRD do Puntal, AVV Ancos,Asociación A Canteira e SDR da Cobeluda, Asociación Brosladeiras e Asociación Amigas das Labores Entre puntos e puntadas, así como a superficie comercial Eroski.