FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 13:35
O Concello de Cariño pide a colaboración dos veciños da localidade para recompilar fotografías antigas que reflictan o estilo de vida, as labores e os traballos realizados por mulleres do municipio ao longo do século XX. O proxecto está relacionado coa conmemoración do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo.
As fotografías formarán parte dunha exposición fotográfica que pretende facer visible o estilo de vida das mulleres de Cariño ao longo do século pasado, moi vinculadas á terra e ao mar. Homenaxeando desta forma ás súas antecesoras.
As fotografías poden entregarse en formato papel, unha copia, ou en formato dixital. Onde se pode entregar o material? En Educación Familiar, na Casa do Concello, 1º andar ata o 20 de febreiro.
Para máis información pódese contactar co teléfono: 981.420.059 ou o enderezo electrónico: educacionfamiliar@concellodecarino.com.